BUSCA NO NOSO BLOGUE

29/9/09

A poesía da cidade




"A min o que me gusta son as cidades.

As grandes e pequenas cidades.

As cidades da alma, invisibles.

As cidades do corpo, dolorosas.

As cidades dos mapas, sempre a man.

As cidades que visitei, tan eternamente.

As cidades en que vivín, permanecendo.

As cidades que non coñezo, misteriosas.

Cidades invisibles, dolorosas,

sempre a man, tan eternamente,

permanecendo misteriosas.

Cidades, en fin, do corazón."

"Cidades" de Fran Alonso
ilustrado por Pablo Otero. Xerais

16/9/09

"AS CIDADES"


Este ano, dende o Salón do Libro de Pontevedra, propóñennos traballar con relatos relacioados coas "CIDADES". É todo un reto, porque queremos que moitas das actividades do centro xiren en torno a este tema.
Picando no título e grazas a "librosvivos.com" coñecerás cómo é por qué cambian as cidades co paso do tempo, os seus aspectos positivos e negativos... e dende esta información, seguro que entenderás mellor moitas das historias que atoparás na nosa Biblioteca

Por certo, se picas "aquí" poderás dar un pequeno paseo por MARÍN.