Un dos aspectos que lle cómpren á biblioteca escolar é a implicación das familias na formación dos pequenos lectores. Esta implicación pode conseguirse de formas diversas pero sempre resulta beneficiosa tanto para o alumnado como para os obxectivos educativos. Cando as familias comprenden o seu papel como mediadores de lectura, esta actividade e o gusto polo libros, a cultura en definitiva, cobra valor e mellora de forma significativa. Pero a biblioteca tamén pode, ás veces, dar cabida a nais e pais nas súas actividades. Desta forma vaise construíndo unha comunidade de aprendizaxe arredor do tema da lectura, que ben pode desenbocar noutro tipo de colaboracións. A través das distintas voces da comunidade educativa podemos coñecer como se constrúe esta comunidade no CEIP Quintela, de Moaña, neste vídeo: "A biblioteca e as familias". Fonte "Blog da asesoría de bibliotecas escolares"
BUSCA NO NOSO BLOGUE
24/10/13
8/10/13
Unha obra en galego gaña por primeira vez o Premio Nacional de Poesía
O escritor Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) foi galardoado co Premio Nacional de Poesía 2013 pola súa obra “Os ángulos da brasa”, publicado na colección Tambo do selo Faktoría K, da editorial pontevedresa Kalandraka.
Máis información no Xornal Dixital en galego "Galicia Confidencial"
4/10/13
PROCESO DA VENDIMA
No blogue dos compañeiros do equipo TICS "O RECUNCHO DA INFORMACIÓN" atoparedes o SLIDE coas tarefas da vendima que realizaron o alumnado e as súas familias.
Etiquetas:
AGRICULTURA FAMILIAR,
PROXECTO VENDIMA 2013.2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)