BUSCA NO NOSO BLOGUE

23/4/09

Dia do libro


Aquí vos deixo os enlaces para a resposta ao cuestionario do Día do Libro. !Ánimo!, tedes ata o 8 de maio para completalo.
DÍA DO LIBRO (preguntas 1,2,3):http://portal.unesco.org/culture/es/ev.php-URL_ID=5125&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html


CERVANTES E SHAKESPEARE
(Resto de preguntas)http://personal.telefonica.terra.es/web/poesiainfantil/libro.htm

22/4/09

SON DE POETAS

Este 21 de marzo celebramos o Día da Poesía e a a través de "Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística", descubrimos esta interesantísima ferramenta, nacida do ENL do IES David Buján de Cambre.
Trátase de Son de Poetas, antoloxía da poesía galega musicada.
Un blog no que podemos escoitar poemas cantados: Desde Alfonso X, ata Álvarez Blázquez, Novo Neira... Noraboa pola iniciativa e... GRAZAS.
CHOVE EN SANTIAGO
Madrigal á cibdá de Santiago. Federico García Lorca
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, )

14/4/09

ABRIL, MES DOS LIBROS

Aquí tedes os libros presentados polo noso cole no Salón do libro e que teredes ao alcance da man, na vindeira Feira do Libro de Marín. !Non deixedes de visitala!

3 ANOS


4 ANOS


5 ANOS


3º CICLO

9/2/09

AMOR, AMOR,AMOR


Xa estamos na semana grande: Salón do libro, 14 de febreiro... As historias de amor teñen un protagonismo especial esta semana, por iso vos invítamos a participar en varias actividades.
A saber:
1.-Botarlle unha ollada aos libros seleccionados para esta ocasión e que agardan por vós na biblio. Moitas e moi variadas son as historias de amor en préstamo.
Como sabemos que hai libros que vos gustan dun xeito especial e outros que non vos gustaron nada, queremos recoller as vosas suxerencias
Podedes escribilas no libro de visitas de Chispiña (premendo no seu debuxo, a esquerda,) en CONTOS DE VELLOS, ou ben por medio dun libro posto a vosa disposición na vosa hora de biblioteca.Se non tedes ordenador na casa !!!TEMOS UN CENTRO DE TELEFORMACIÓN NA BIBLIOTECA DE MARIN!!! UNHA CHEA DE ORDENADORES E LIBROS PARA DISFRUTAR E COMPARTIR RATOS CON CHISPIÑA.Por suposto dispoñedes tamén dos da biblioteca
2.-Dar resposta a este xogo elaborado polo CEIP Andrade de Ferrol, logo de ler un pouco sobre a historia da celebración de San Valentín (Pica no Título da entrada, arriba)


Mooooooitas grazas pola vosa colaboración

29/1/09

CONSPIRACIÓN POLA PAZ

PAZ?????????????

PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.

PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.

PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.

Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.

Utopía imposíbel.

Palabra que xera poesía.

Poesía? Poesía e Paz.

Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.


TANQUES DE CARAMELO

ARMAS DE CARAMELO

O NOSO SOÑO

O NOSO DESEXO

A NOSA CONSPIRACIÓN


8/1/09

OBRADOIROS

Os nenos e nenas non quixeron deixar de "traballar" ata o último minuto antes das vacacións de Nadal. Sabían que Papá Noel rondaba polo cole e esmeráronse moito en facelo ben nas actividades propostas polos/as profes.

EDUCACIÓN INFANTIL



1º CICLO+3º



2º/3º CICLO


18/12/08

FELIZ 2009

O profesorado, o ANPA, Fernando, e o Equipo Directivo vos desexan unhas Felices Festas e un Próspero ano 2009. Grazas pola vosa creatividade e colaboración

29/11/08

CHISPIÑAS DE AMOR

Aqui vos deixo unha selección da bibliografia relacionada coas historias de amor ás que nos achegaremos este curso

24/11/08

25 Novembro.Contra a violencia de xénero

E EU QUÉ PODO FACER?
Aprende a resolver conflictos sen violencia. Coñece os teus dereitos. Non admitas ningún comentario que tente xustificar calquera tipo de control, agresión ou violencia contra a muller.
Contra o maltrato TOLERANCIA CERO.
INFÓRMATE.Fai clic no título. Esta é a dirección da Consellería de Igualdade http://www.xunta.es/auto/sg

8/11/08

RIMAS NA ESCOLA

Outono,magosto,xogos, rimas, fermosos versos de Carmen Rey a mestra de 6º do noso cole e que tí podes acompañar cos teus pareados.Só tés que acudir ao noso Libro de visitas clicando na imaxe de Chispiña da esquerda ou ben escribilo tras picar no apartado de comentarios.O Blog de Chispiña so é posible coas vosas aportacións.