BUSCA NO NOSO BLOGUE

31/1/14

I DÍA DA ILUSTRACIÓN

O alumnado de 1º do noso cole tivo a sorte de celebrar onte o I Día da Ilustración en Galicia na Biblioteca de Pontevedra e acompañados nada menos que pola TVG.. A paritr do minuto 5:57 tedes un completo resumo.

CONTOS DE NADAL NA HORA DE LER

Unha hora de ler que disfrutamos coas historias elaboradas polo noso alumnado.
Música Instantperson "Just Christmas" vía Jamendo

23/1/14

27/11/13

!!CHISPIÑA RENÓVASE!!

Aqui tedes todas as orixinais ideas que as novas xeracións de alumnos e alumnas que chegan ao cole queren aportar para darlle unha nova imaxe á nosa mascota. Só falta elexir entre ás finalistas. SORTE!!!



24/10/13

Feliz Día das Bibliotecas Escolares

Un dos aspectos que lle cómpren á biblioteca escolar é a implicación das familias na formación dos pequenos lectores. Esta implicación pode conseguirse de formas diversas pero sempre resulta beneficiosa tanto para o alumnado como para os obxectivos educativos. Cando as familias comprenden o seu papel como mediadores de lectura, esta actividade e o gusto polo libros, a cultura en definitiva, cobra valor e mellora de forma significativa. Pero a biblioteca tamén pode, ás veces, dar cabida a nais e pais nas súas actividades. Desta forma vaise construíndo unha comunidade de aprendizaxe arredor do tema da lectura, que ben pode desenbocar noutro tipo de colaboracións. A través das distintas voces da comunidade educativa podemos coñecer como se constrúe esta comunidade no CEIP Quintela, de Moaña, neste vídeo: "A biblioteca e as familias".  Fonte "Blog da asesoría de bibliotecas escolares"

9/10/13

XV SALÓN DO LIBRO "Cociñando contos"...

..." porque as recetas máis sabrosas, sempre se fan a lume lento."


8/10/13

LAZARILLO DE TORMES ; UVAS, MATEMÁTICAS, E PÍCAROS

Unha obra en galego gaña por primeira vez o Premio Nacional de Poesía

O escritor Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) foi galardoado co Premio Nacional de Poesía 2013 pola súa obra “Os ángulos da brasa”, publicado na colección Tambo do selo Faktoría K, da editorial pontevedresa Kalandraka.

Máis información no Xornal Dixital en galego "Galicia Confidencial"