BUSCA NO NOSO BLOGUE

25/5/08

Minimaladas matemáticas




Pescudando nos libros que xogasen cos números nos seus textos, os alumnos de 6º atoparon no libro de Carlos López, unha forma divertida de achegarse á lectura e á escritura. E deseguido animáronse a reproducir algunhas das oitenta e catro mini historias que garda.
Se queres divertirte aínda máis non esquezas ler "Minimaladas" que ademáis acadou o "Premio Merlín 2007"

8/5/08

Xosé María Álvarez Blázquez

Con motivo de celebración das Letras Galegas e a homenaxe a X. M. Álvarez Blázquez, os nenos e nenas están a traballar moito para que disfrutemos, durante a Semana Cultural, coas súas actuacións. Mentras, podemos achegarnos as súas obras escoitando algúns dos seus poemas musicados neste caso por Suso Vaamonde:
O pescador peleriño

-"Roseira do teu mencer", Edicións Monterrey, Vigo, 1950. -“O que ben che quer”.-2008.-Cartoné.-OQO. -"A pega rabilonga" e outras historias de tesouros, Editorial Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1971. -“A pega rabilonga.Os ruíns.E outras historias de tesouros”.-2008.-Rústica.-161 páxinas.-Galaxia. -"Romance do pescador peleriño", Edicións Monterrey, Vigo, 1954.

7/5/08

AVANZAMOS

Pouco a pouco imos achegándonos ao obxectivo que nos marcamos para este curso.
Os medios son limitados, pero a imaxinación e a creatividade do equipo da biblioteca é moita, e coa axuda dos nenos e nenas, do ANPA, de Fernando o noso conserxe, !isto vai máis rápido do que pensabamos!

ASÍ ERA A NOSA BIBLIOTECA

Neste curso escolar 2007/8 cambiamos o "look" da nosa biblioteca: organizamos espazos, fixemos o expurgo dos fondos, adaptamos o mobiliario, e buscamos o xeito de crear un espazo acolledor...Este é so o comezo!


6/5/08

O MAGO CALI VISÍTANOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

...e preséntanos unha adaptación máxica do libro Amancio amigo e o Mago de Salamanca . Edicións Xerais de Galicia, 2006

Sinopse : Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...





É a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao.


Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.

5/5/08

Visita de Abraham Carreiro




O próximo 22 de Maio visítanos o ilustrador vigués Abraham Carreiro. Na nosa biblioteca atoparedes alguns dos seus títulos. A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración.
Na nosa biblioteca atoparedes a selección dos títulos cos que contamos.

GRANDES CONTRA PEQUENOS /. : A Nosa Terra, il. cor ; 22 x 25 cm.(Contos do Miño (A Nosa Terra))
A PEL DO CROCODRILO (da colección Contos que len outros nenos do mundo, Editorial: A Nosa Terra.