BUSCA NO NOSO BLOGUE

19/1/12

LOBOFEROZ




Dramatización realizada polos nenos e nenas de 6º curso de E.P. baseada no conto Loboferoz de OQO editora.


23/11/11

BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO
  Vídeo rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, co gallo do Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación. As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

20/8/11

UN SOÑO REPARADOR

Os compañeiros e compañeiras de Carlos Prieto Lage, que este curso forma parte do noso claustro queremos felicitalo polo galardón que acadou o seu cole do curso pasado o CEIP Marcos da Portela no Certamen OUFF Escola del Festival de Cine Internacional de Ourense
Trátase do premio Blanco Amor ao mellor guión coa curtometraxe UN SOÑO REPARADOR  
que invítanos a toda a comunidade educativa a reflexionar sobre o acoso escolar.





Noraboa a tódolos seus protagonistas por un  bo traballo,  feito ademais!!EN GALEGO!!

É a segunda vez que se recoñece un proxecto do que forma parte este mestre, que xa resultou premiado no 2010 no mesmo certame, con “A maldición do Samaín” coa participación do alumnado do CEIP Carballeira.

1/7/11

SANTA PACIENCIA

A través da Biblioteca Vctor Saenz, chéganos este artículo de Manolo Rivas

1/6/11

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS

Nesta dirección atoparás o texto que recolle o malestar da inmensa maioría dos que vivimos os obxectivos das bibliotecas escolares, diante da previsible desaparición de formadores específicos no noso ámbito e o que este feito conleva e significa
https://docs.google.com/document/pub?id=1ezgStaYKUzoU8n-r8kOjKCHlo8nHhD8lMn8QtLdryTs
Neste vídeo amósase a minoría que somos e o poco interesados/as que estamos en formarnos

Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

19/5/11

"SALVAR UN LIBRO"

Coa coordinación e o tempo que Montse, Sabela e Charo adican non só dende os seus centros de traballo sae esta estupenda colaboración entre bibliotecas escolares de toda Galicia perncentes ao Plan de Mellora de Bibliotecas.

LETRAS GALEGAS. SALVANDO LIBROS
SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?


Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.


Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.


Maio 2011

Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí


e algunhas das interesantes cousas que fai aqui


e tamén aquí….


Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade



salvandogrande


1 5
3 2



.


4





.




Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.


Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.


Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. 


A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.




Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil


.





.






 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria


.




.





Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura


.







 .




  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:










Edit this page (if you have permission)–Published by Google Docs–Report Abuse–Updated automatically every 5 minutes

5/4/11

ANA ALONSO E PIZCA DE SAL

Non sei si seremos quen de esperar polas novidades desta colección. Os nenos e as nenas amosaron coas súas preguntas e comentarios o que disfrutaron coas súas obras.


"Animando" a sensibilidade lectora

Hoxe, Fina Casalderrey regalounos o que nos faltaba para achegarnos a súa obra, a sensibilidade que a inspira, a súa capacidade de observar, escoitar e poñerse na pel dos outros. O micro (desexámoste unha pronta recuperación) non nos librou da duzura con que narras  o que necesitamos escoitar, palabras que nos encantan.