BUSCA NO NOSO BLOGUE
19/2/14
A nova Chispiña fai a súa presentación
O pasado 14 de febreiro organizouse a presentación da nova imaxe da nosa mascota e a entrega de premios ao gañador e finalistas do concurso.
Tamén e con motivo das distintas celebracións ao redor da poesía (24 de febreiro Día de Rosalía, 14 de Marzo Dia da Poesía, ou a homenaxe nas Letras Galegas ao poeta Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo), Chispiña deixou a cada curso uns fermosos poemas cos que levar a cabo"O tendal de Rosalía".Cada curso encargarase de traballalos e intercambialos cos compañeiros e compañeiras nos tendais colocados na Biblioteca.
Velaiquí todas as fotos.
UN PASEO POLA BIBLIO
Un xogo co alumnado de primeiro para aprender a importancia da sinalización e da orde na biblioteca.
Etiquetas:
A NOSA BIBLIOTECA,
DINAMIZACIÓN 2014
31/1/14
I DÍA DA ILUSTRACIÓN
O alumnado de 1º do noso cole tivo a sorte de celebrar onte o I Día da Ilustración en Galicia na Biblioteca de Pontevedra e acompañados nada menos que pola TVG.. A paritr do minuto 5:57 tedes un completo resumo.
Telexornal-Galicia 2 - 30/01/14
CONTOS DE NADAL NA HORA DE LER
Unha hora de ler que disfrutamos coas historias elaboradas polo noso alumnado.
Música Instantperson "Just Christmas" vía Jamendo
Música Instantperson "Just Christmas" vía Jamendo
23/1/14
27/11/13
!!CHISPIÑA RENÓVASE!!
Aqui tedes todas as orixinais ideas que as novas xeracións de alumnos e alumnas que chegan ao cole queren aportar para darlle unha nova imaxe á nosa mascota. Só falta elexir entre ás finalistas. SORTE!!!
24/10/13
Feliz Día das Bibliotecas Escolares
Un dos aspectos que lle cómpren á biblioteca escolar é a implicación das familias na formación dos pequenos lectores. Esta implicación pode conseguirse de formas diversas pero sempre resulta beneficiosa tanto para o alumnado como para os obxectivos educativos. Cando as familias comprenden o seu papel como mediadores de lectura, esta actividade e o gusto polo libros, a cultura en definitiva, cobra valor e mellora de forma significativa. Pero a biblioteca tamén pode, ás veces, dar cabida a nais e pais nas súas actividades. Desta forma vaise construíndo unha comunidade de aprendizaxe arredor do tema da lectura, que ben pode desenbocar noutro tipo de colaboracións. A través das distintas voces da comunidade educativa podemos coñecer como se constrúe esta comunidade no CEIP Quintela, de Moaña, neste vídeo: "A biblioteca e as familias". Fonte "Blog da asesoría de bibliotecas escolares"
8/10/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


