BUSCA NO NOSO BLOGUE

18/12/08

FELIZ 2009

O profesorado, o ANPA, Fernando, e o Equipo Directivo vos desexan unhas Felices Festas e un Próspero ano 2009. Grazas pola vosa creatividade e colaboración

29/11/08

CHISPIÑAS DE AMOR

Aqui vos deixo unha selección da bibliografia relacionada coas historias de amor ás que nos achegaremos este curso

24/11/08

25 Novembro.Contra a violencia de xénero

E EU QUÉ PODO FACER?
Aprende a resolver conflictos sen violencia. Coñece os teus dereitos. Non admitas ningún comentario que tente xustificar calquera tipo de control, agresión ou violencia contra a muller.
Contra o maltrato TOLERANCIA CERO.
INFÓRMATE.Fai clic no título. Esta é a dirección da Consellería de Igualdade http://www.xunta.es/auto/sg

8/11/08

RIMAS NA ESCOLA

Outono,magosto,xogos, rimas, fermosos versos de Carmen Rey a mestra de 6º do noso cole e que tí podes acompañar cos teus pareados.Só tés que acudir ao noso Libro de visitas clicando na imaxe de Chispiña da esquerda ou ben escribilo tras picar no apartado de comentarios.O Blog de Chispiña so é posible coas vosas aportacións.

6/11/08

BICOS QUE SALVAN A VIDA

¿Sabedes que é unha infografia?
A veces as imaxes axudan ás palabras a explicar o mundo que nos rodea. Se premes no título, unha infografia che mostrará cómo un especialista reanima o corazón cunha masaxe cardiorrespiratoria e o boca a boca.
No vínculo INFOGRAFIAS da esquerda, atoparás moitos máis exemplos extraídos da páxina xeb da revista Consumer/Eroski.

5/11/08

O CORAZÓN DA MAZÁ

Invitados polo Equipo de Normalización Lingüística, acudiron ao noso cole algúns dos membros organizadores da Festa da Sidra en San Tomé, lugar do interior do noso concello.
O alumnado puido ver en directo o proceso inicial de elaboración da sidra e degustar o zume así coma outros productos como o marmelo, elaborados con mazás.
Dende a biblioteca acompañamos esta actividade cunha bibliografia seleccionada e a invitación a descubrir mazás famosas.

31/10/08

AGUSTÍN


É o seu nome. Agustín Fernandez Paz. Acaban de darlle un premio porque escribe libros para vós. O Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008.O libro premiado titúlase "O único que queda é o amor". Xusto a temática elexida no Salón do libro deste ano. AS HISTORIAS DE AMOR, que son moitas é moi diversas e as que queremos achegarnos tamén no noso cole.
De Agustín, un escritor incansable poderás informarte polo miúdo, picando arriba no seu nome.

19/10/08

Outono namorado

O OUTONO/EL OTOÑO/AUTUMN

"Está llegando el Otoño con su larga bufanda y su amor abrigado, el otoño huele a chocolate. Enciende los colores y nos invita a jugar..."El Otoño viene, nos deja todo su maravilloso encanto y se vá, en busca de su amada, ¿quién será? Editorial :Siete Leguas. Texto e Ilustraciones, Claudia Deglioumini

9/9/08

Un poco de cor por aquí, outro por alá e...

Chispiña, axudada polos membros da ANPA, doulle cor á nosa biblioteca. ¿Haberá algunha outra sorpresa este curso?????

23/7/08

Os nosos contos

Os nosos contos , quere ser un lugar de suxerencias e recomendacións das lecturas,as pelis e a música que estades a disfrutar.
Nesta sección, un pouco máis abaixo tedes o apartado de comentarios que os explica como redactalos e onde podedes opinar sobre eles e recomendárnolos (ou non).
Os comentarios dos nen@s de Infantil tamén son moi importantes( sobre todo se os escriben eles/as), pois Chispiña axúdanos coa traducción simultánea.
Moitas grazas polas vosas aportacións

30/6/08

O MAR 2007-08

O Salón do libro 2008 invitounos a participar nesta edición adicada ao mar e aproveitamos para facer moitas actividades ó redor deste tema tan cercano para ó noso alumnado

25/5/08

Minimaladas matemáticas




Pescudando nos libros que xogasen cos números nos seus textos, os alumnos de 6º atoparon no libro de Carlos López, unha forma divertida de achegarse á lectura e á escritura. E deseguido animáronse a reproducir algunhas das oitenta e catro mini historias que garda.
Se queres divertirte aínda máis non esquezas ler "Minimaladas" que ademáis acadou o "Premio Merlín 2007"

8/5/08

Xosé María Álvarez Blázquez

Con motivo de celebración das Letras Galegas e a homenaxe a X. M. Álvarez Blázquez, os nenos e nenas están a traballar moito para que disfrutemos, durante a Semana Cultural, coas súas actuacións. Mentras, podemos achegarnos as súas obras escoitando algúns dos seus poemas musicados neste caso por Suso Vaamonde:
O pescador peleriño

-"Roseira do teu mencer", Edicións Monterrey, Vigo, 1950. -“O que ben che quer”.-2008.-Cartoné.-OQO. -"A pega rabilonga" e outras historias de tesouros, Editorial Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1971. -“A pega rabilonga.Os ruíns.E outras historias de tesouros”.-2008.-Rústica.-161 páxinas.-Galaxia. -"Romance do pescador peleriño", Edicións Monterrey, Vigo, 1954.

7/5/08

AVANZAMOS

Pouco a pouco imos achegándonos ao obxectivo que nos marcamos para este curso.
Os medios son limitados, pero a imaxinación e a creatividade do equipo da biblioteca é moita, e coa axuda dos nenos e nenas, do ANPA, de Fernando o noso conserxe, !isto vai máis rápido do que pensabamos!

ASÍ ERA A NOSA BIBLIOTECA

Neste curso escolar 2007/8 cambiamos o "look" da nosa biblioteca: organizamos espazos, fixemos o expurgo dos fondos, adaptamos o mobiliario, e buscamos o xeito de crear un espazo acolledor...Este é so o comezo!


6/5/08

O MAGO CALI VISÍTANOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

...e preséntanos unha adaptación máxica do libro Amancio amigo e o Mago de Salamanca . Edicións Xerais de Galicia, 2006

Sinopse : Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...





É a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao.


Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.

5/5/08

Visita de Abraham Carreiro




O próximo 22 de Maio visítanos o ilustrador vigués Abraham Carreiro. Na nosa biblioteca atoparedes alguns dos seus títulos. A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración.
Na nosa biblioteca atoparedes a selección dos títulos cos que contamos.

GRANDES CONTRA PEQUENOS /. : A Nosa Terra, il. cor ; 22 x 25 cm.(Contos do Miño (A Nosa Terra))
A PEL DO CROCODRILO (da colección Contos que len outros nenos do mundo, Editorial: A Nosa Terra.