BUSCA NO NOSO BLOGUE

6/5/08

O MAGO CALI VISÍTANOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

...e preséntanos unha adaptación máxica do libro Amancio amigo e o Mago de Salamanca . Edicións Xerais de Galicia, 2006

Sinopse : Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...





É a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao.


Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.

No hay comentarios: