BUSCA NO NOSO BLOGUE

22/4/09

SON DE POETAS

Este 21 de marzo celebramos o Día da Poesía e a a través de "Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística", descubrimos esta interesantísima ferramenta, nacida do ENL do IES David Buján de Cambre.
Trátase de Son de Poetas, antoloxía da poesía galega musicada.
Un blog no que podemos escoitar poemas cantados: Desde Alfonso X, ata Álvarez Blázquez, Novo Neira... Noraboa pola iniciativa e... GRAZAS.
CHOVE EN SANTIAGO
Madrigal á cibdá de Santiago. Federico García Lorca
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, )

1 comentario:

autor@s dijo...

Moitas grazas por colocarnos nos andeis da vosa biblioteca. Parabéns polo interesante traballo que realizades.