BUSCA NO NOSO BLOGUE

12/12/10

VARGAS LLOSA, un nobel "acurrucado á sombra das novelas"


No seu discurso menciona con especial cariño o papel que representou o teatro no seu devenir literario, por iso a nosa recomendación neste caso para adultos,vai ser un título da súa obra neste xénero:
Kathie y el hipopótamo (editorial Seix Barral, 1983

En palabras do propio autor, "el "tema profundo" de Kathie y el hipopótamo son "las relaciones entre la vida y la ficción", al hilo de los diálogos y las figuraciones suscitadas por una situación inicial: "En un París de pacotilla, un hombre y una mujer se ponen de acuerdo para, dos horas cada día, dedicarse a mentir":
 A acción desenvólvese no desván dunha casa situada en Lima (Perú), onde unha muller (Kathie) de clase social alta desexa plasmar nun libro  as súas viaxes  por diferentes lugares de Asia e África. Para elo contrata a Santiago Zabala con quen establece un diálogo relativo á narración  grabada previamente en cinta que se alterna, ao longo da obra, coa propia redacción do libro.

Nesta obra teatral, Mario Vargas Llosa realiza unha reflexión sobre como xurden os relatos e a maneira na que o cerebro humano válese da imaxinación para crear ou completar historias que nunca han ocurrido na vida real.

No hay comentarios: