BUSCA NO NOSO BLOGUE

22/3/11

QUEREMOS GALEGO

Queremos Galego Marín organiza este vindeiro xoves 24/03/11 ás 20h30 no Museo Manuel Torres a mesa aberta: "Literatura infantil e xuvenil en galego!", contaremos coa presenza de: FINA CASALDERREY, ADOLFO CAAMAÑO E ELENA GALLEGO, moderará a nosa compañeira MABEL SANTIAGO ESPERÓN, mestra do CEIP A Laxe (Marín).

Trátase dun encontro con autoras e autores que están ligadas e ligados ao noso concello ben por motivos laborais ou de residencia; unha charla informal para que estes tres titáns da literatura infantil e xuvenil galega falen da súa experiencia, porqué fan literatura en galego, como ven a situación actual da nosa lingua, o avance das novas tecnoloxías......ademais do que vos, amigas e amigos da lingua, queirades aportar ou preguntar.

Para coñecelas e coñecelo melor, recomendo as seguintes ligazóns:

Adolfo Caamaño: Tamén aquí

Elena Gallego: Tamén aquí

Fina Casalderrey:

VÉMONOS O XOVES!!

No hay comentarios: