BUSCA NO NOSO BLOGUE

5/4/11

ANA ALONSO E PIZCA DE SAL

Non sei si seremos quen de esperar polas novidades desta colección. Os nenos e as nenas amosaron coas súas preguntas e comentarios o que disfrutaron coas súas obras.


"Animando" a sensibilidade lectora

Hoxe, Fina Casalderrey regalounos o que nos faltaba para achegarnos a súa obra, a sensibilidade que a inspira, a súa capacidade de observar, escoitar e poñerse na pel dos outros. O micro (desexámoste unha pronta recuperación) non nos librou da duzura con que narras  o que necesitamos escoitar, palabras que nos encantan.

22/3/11

QUEREMOS GALEGO

Queremos Galego Marín organiza este vindeiro xoves 24/03/11 ás 20h30 no Museo Manuel Torres a mesa aberta: "Literatura infantil e xuvenil en galego!", contaremos coa presenza de: FINA CASALDERREY, ADOLFO CAAMAÑO E ELENA GALLEGO, moderará a nosa compañeira MABEL SANTIAGO ESPERÓN, mestra do CEIP A Laxe (Marín).

Trátase dun encontro con autoras e autores que están ligadas e ligados ao noso concello ben por motivos laborais ou de residencia; unha charla informal para que estes tres titáns da literatura infantil e xuvenil galega falen da súa experiencia, porqué fan literatura en galego, como ven a situación actual da nosa lingua, o avance das novas tecnoloxías......ademais do que vos, amigas e amigos da lingua, queirades aportar ou preguntar.

Para coñecelas e coñecelo melor, recomendo as seguintes ligazóns:

Adolfo Caamaño: Tamén aquí

Elena Gallego: Tamén aquí

Fina Casalderrey:

VÉMONOS O XOVES!!

1/2/11

A VIDA NO BOSQUE

O blog da Biblioteca de Quintela de Moaña segue a ser o noso referente en moitas das actividades que se poden levar a cabo nunha biblioteca escolar Aquí vos deixamos uns estupendos recursos
O ano 2011 foi declarado o Ano Internacional dos bosques pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU). A idea é aumentar os esforzos por recuperar e conservar os bosques.


Este vídeo do sendeiro do río da Fraga, en Moaña, ten fermosas imaxes de algúns tramos do   rio

Na páxina de contidos da XUNTA poderás divertirte e aprender moitas cousas sobre o bosque


INFANTIL E PRIMEIRO CICLO
http://www.edu.xunta.es/contidos/inf/Bosque/In.swf


Para 2º e 3º Ciclo, entra en Edufores (Programa de Educación forestal), e xoga. Hai moitos xogos, para loitar contra o lume, xogos de verdadeiro ou falso, crebacabezas de animais e de árbores, xogos de arrastrar,..
http://www.edufores.com/

17/12/10

INOCENTADAS POR ÁREAS, INOCENTADAS LITERARIAS

Trola, paparrucha, farsa, embuste, mentira, farol... o alumnado do cole está decidido a que caiamos nalgunha das súas inocentadas. E a verdade que é moi facil porque por aquí todos somos un pouco INOCENTES!

12/12/10

UN DESEXO, UN XOGUETE, UNHA SORPRESA....UN LIBRO !!!BO NADAL!!!

KATHIE

Usted ha dicho mediocre, mediocridad. ¿No es éste un juego también demasiado mediocre?

SANTIAGO

Tal vez lo sea Kathie. Pero, al menos, no hemos perdido la imaginación, los deseos. No debemos dejar que nos quiten este juguete porque no tenemos otro.
 "Kathie y el hipopótamo",Mario Vargas Llosa

Conecta os altofalantes, a música se suma á maxia do
"ÉRASE UNHA VEZ..." de  Benjamín Lacombe. Edelvives

Il etait une fois - Benjamin Lacombe from B&C on Vimeo.

VARGAS LLOSA, un nobel "acurrucado á sombra das novelas"


No seu discurso menciona con especial cariño o papel que representou o teatro no seu devenir literario, por iso a nosa recomendación neste caso para adultos,vai ser un título da súa obra neste xénero:
Kathie y el hipopótamo (editorial Seix Barral, 1983

En palabras do propio autor, "el "tema profundo" de Kathie y el hipopótamo son "las relaciones entre la vida y la ficción", al hilo de los diálogos y las figuraciones suscitadas por una situación inicial: "En un París de pacotilla, un hombre y una mujer se ponen de acuerdo para, dos horas cada día, dedicarse a mentir":
 A acción desenvólvese no desván dunha casa situada en Lima (Perú), onde unha muller (Kathie) de clase social alta desexa plasmar nun libro  as súas viaxes  por diferentes lugares de Asia e África. Para elo contrata a Santiago Zabala con quen establece un diálogo relativo á narración  grabada previamente en cinta que se alterna, ao longo da obra, coa propia redacción do libro.

Nesta obra teatral, Mario Vargas Llosa realiza unha reflexión sobre como xurden os relatos e a maneira na que o cerebro humano válese da imaxinación para crear ou completar historias que nunca han ocurrido na vida real.

7/10/10

OUTUBRO, MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Co este estupendo video, a biblioteca do cole quere darche a benvida neste curso.
!!Atoparás a mellor das acollidas!!e poderás comprobar que a motivación para ler tamén sae do corazón
Grazas Cristina(asesora des bibliotecas escolares)

Questions of the Heart from Rachael Harrington on Vimeo.

28/5/10

Hansel e Gretel en Marín

Alba Sanmartín Carregal, de 4º, invítate a un paseo de conto pola nosa vila


11/5/10

Follarasca Uxío Novoneyra

Escolma poética de Uxío Novoneyra fruto dun traballo colaborativo entre as Bibliotecas Escolares Vilán (IES Pedra da Aguia) e O Segrel do Penedo (IES de Fene) con motivo do Día das Letras Galegas (17 de Maio de 2010)
Grazas Emilio, Loly, Olga, Nine.

Grazas tamén ao noso ENDL polo dossier sobre Uxío e a magnífica exposición ao redor dos conmemorados/as nas Letras Galegas.